Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta inviste preto de 20.000€ no acondicionamento do campo de fútbol da Devesa e na instalación dun novo ximnasio para os xogadores do Ribadeo FC

Ribadeo, 22 de decembro de 2022. O Ribadeo FC é un dos clubs máis representativos do municipio polos valores que inculcan a os nenos e nenas do club e por ser motivo de reunión cada fin de semana para ver competir aos xogadores das distintas categorías. Por iso, a Xunta de Galicia, en colaboración co grupo municipal popular, inviste preto de 20.000 euros no acondicionamento e melloras de instalación do campo de fútbol da Devesa e a instalación dun novo ximnasio para os membros do club.

No encontro que tivo lugar entre o grupo municipal e o club de fútbol ribadense, traballaron xuntos para poñer solucións ante a problemática de non ter un espazo adecuado para adestrar. “Nos detectamos esa problemática, reunímonos co club e agora teñen un espazo adecuado gracias a un orzamento público moi importante por parte da Xunta de Galicia”, explica Dani Vega.

Vega explica que o obxectivo do grupo municipal popular é o de traballar e colaborar con todas as entidades deportivas do municipio sen excepción. “Nós pensamos no colectivo e non en individualismos, e seguiremos nesta liña de traballo para que todos os clubs deportivos de Ribadeo poidan medrar”, engade.

ACTUACIÓNS NO CAMPO DA DEVESA

Pola súa parte, o coordinador de deportes, Tito Suárez explicou as actuacións que se levaron a cabo gracias ao investimento da Xunta. “Despois dunha xuntanza coa directiva do club onde nos facían chegar as súas preocupación por adestrar con garantías esta semana, xa que as instalacións municipais que viñan utilizando non estaban en condicións. Pois ben, puxémonos a traballar codo con codo con eles, faciamos unha reunión na Xunta de Galicia e, desta reunión saiu que lográbamos amañar e acondicionar o campo de futbol do campamento xuvenil da Devesa, por un importe de 19.000 euros. Ademais colocamos alumeado, arranxábase e resembrábase o céspede, colocábase unas redes nas porterías e detrás das mesmas para que non se foran os balóns”, di Suárez

PATROCINADOR DE LUXO

Por outra banda, tanto Dani Vega como Tito Suárez quixeron darlle ás gracias a Roberto Ramos, máximo dirixente da empresa de ximnasios Be One pola súa inestimable colaboración.

O Grupo Beone serviocio é un dos principais grupos nacionais dedicados á construción, xestión e explotación de instalacións deportivas, tanto do sector público, a través de concesións administrativas, como do sector privado. A súa forma de traballo enfócase na orientación ao cliente a través dun modelo de xestión de negocio que busca a excelencia na relación cos nosos usuarios.

Ademais, todas as súas intalacións dispoñen dun equipo cualificado con máis de 1000 profesionais para ofrecer os mellores servizos e actividades nos 38 centros en España 7 centros Serviocio e 31 BeOne repartidos en Andalucía, Cantabria, Galicia, Madrid, Valencia e Castela e León.

Exit mobile version