Site icon Crónica3.com A Mariña

Atrapado tras envorcar o seu tractor en Alfoz

Alfoz, 10 de xaneiro, 2022. Apenas uns minutos máis tarde, en Alfoz, outra chamada de alerta poñía o foco sobre un tractor envorcado na LU-160. O condutor estaba atrapado, así que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Barreiros e dos membros do GES de Cervo.

Tras a súa actuación, os efectivos de emerxencias confirmaron que o tractor circulaba pola estrada cando se saíu da vía pola marxe dereita e envorcou nun desnivel de dous metros.

Finalmente, o condutor foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Exit mobile version