Site icon Crónica3.com A Mariña

Celeiro de Mariñaos celebra a tarde de Reis este xoves coa actuación do Mago Antón

Os Reis Magos estarán nas escolas ás 5 da tarde e despois actuará o Mago Antón

Barreiros, 3 de xaneiro 2023. Nenos e nenas, veciños e veciñas desta parroquia barreirense xuntaranse o día 5 para recibir aos Reis Magos ás 5 da tarde nas escolas. Seguidamente actuará o Mago Antón cun espectáculo para desfrute de pequenos e grandes. Repartiranse agasallos e haberá chocolate e roscón para todos os asistentes.

Esta celebración é un clásico xa no Nadal mariñao, donde a veciñanza da parroquia homónima aproveita para compartir unhas horas de ledicia e celebrar o comezo de ano comunitariamente.

Desde a Asociación Irmandade San Caetano aproveitan para felicitar o Ano Novo e convidan a asisitir a todos aqueles que o desexen desta ou doutras parroquias.

Exit mobile version