Site icon Crónica3.com A Mariña

Encontro literario na librería Bahía de Foz

O luns 23 de xaneiro ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, contarase coa presenza da escritora e académica María López Sández coa que se compartirá conversa sobre a súa novela O faro escuro e sobre a súa obra en xeral. Este encontro estaba programado para novembro e adiouse por mor do Covid. É unha actividade aberta e gratuíta para todo o público. Antes, esa mesma tarde, María estará no IES de Foz conversando co alumnado.

Exit mobile version