Site icon Crónica3.com A Mariña

Expomar será presentada este xoves en Madrid

A Casa de Galicia en Madrid acolle este o xoves, 19 de xaneiro, a presentación oficial da próxima Feira Expomar, que se celebrará na nave de redes do porto de Burela do 10 ao 13 de maio.

Burela, 18 de xaneiro, 2023. A feria náutico-pesqueira Expomar 2023 presentarase oficialmente nun acto institucional na Casa de Galicia en Madrid este xoves 19 de xaneiro ás 19:00h. O obxectivo deste evento é aproveitar o marco da Feira Internacional de Turismo Fitur e dar maior relevancia ao alcance global de Expomar dentro dos sectores da pesca e a industria naval.

No acto participarán, ademais do presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano; e do presidente da Casa de Galicia, Juan Serrano; a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana; a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; e Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías e patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela.

Ao finalizar a presentación, á que asistirán diferentes personalidades do sector pesqueiro e político galego e nacional, terá lugar unha degustación gastronómica de “Peixe de Burela” con produtos pesqueiros da lonja de Burela, patrocinada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia en colaboración con Armadores de Burela e OPP-7 Porto de Burela.

Exit mobile version