Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran actuación do Iadovi no Trofeo Federación de Tiro con Arco en sa

Cervo, 9 de xaneiro, 2023. Este pasado domingo celebrouse en Soutomaior (Pontevedra) o Trofeo Federación de Tiro con Arco en sa, e segunda edición Luis Vera Moreno.

Na división de arco espido, Santiago González Villares destacou dominando a proba dende o principio, e subindo o listón as puntuacións. Rematou primeiro con 541 puntos, superando así o seu palmarés persoal e, polo tanto, o galego situado nos 535 puntos acadados por el mesmo no terceiro encontro da Liga Galega Indoor celebrado en Valdoviño o pasado 12 de abril.

Na división de arco composto Jorge Álvarez Amor conseguiu o noveno posto competindo na categoría sénior. Mentres que na división de arco recurvo, Sergio López Delantero quedou tan só a dous puntos de chegar ao podio. Os seus 526 puntos situaríano na cuarta posición.

Na categoría de veteranos Jorge Galante conseguiu o terceiro posto

Exit mobile version