Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciadas as obras para mellorar as comunicacións dos núcleos de Laxes, O Bidueiro e O Vilar, na parroquia de Sargadelos

Estes traballos, que supoñen un orzamento que supera os 195.000 euros, permitirán mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na zona

Cervo, 30 de xaneiro de 2023. O Concello de Cervo comezou os traballos de mellora da vía que transcorre polos núcleos de Laxes, O Bidueiro e a estrada de Vilar, na parroquia de Sargadelos, aumentando o seu ancho co obxectivo mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na zona.

O alcalde, Alfonso Villares, xunto coa tenente alcalde, Dolores García Caramés, a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata a zona para supervisar, en compañía do pedáneo Luis Peña, esta actuación que supón un orzamento que supera os 195.000 euros -195.107,52 concretamente- financiados con fondos do Plan Único.

O obxecto desta obra é realizar unha renovación do firme da zona, cubrindo todo o ancho da vía, o que proporcionará unha amplitude suficiente para o tránsito de vehículos en ámbalas dúas direccións, mellorando a seguridade viaria.

O rexedor destacou que “con esta actuación integral no anel de Sargadelos incidimos no concepto de humanización, como vimos facendo en todas a novas actuacións que levamos a cabo”; co obxectivo de facer as nosas vilas máis accesibles e seguras para a veciñanza.

Tal e como apuntou Villares “seguimos a traballar para equilibrar a balanza de servizos para que calquera persoa que viva nunha zona rural poida gozar das mesmas condicións que unha que viva nunha zona urbana”.

Exit mobile version