Site icon Crónica3.com A Mariña

José Manuel Gómez Puente será presentado como candidato á alcaldía de Barreiros este venres nunha cea homenaxe a concelleir@s populares

Barreiros, 25 de xaneiro de 2023. O vindeiro venres, 27 de xaneiro, ás 21:00 horas o restaurante A Yenka acollerá un acto do Partido Popular de Barreiros no que se renderá homenaxe ás concelleiras e concelleiros desta formación política e no que se presentará ao candidato dos populares barreirenses ás vindeiras eleccións municipais. Trátase de José Manuel Gómez Puente.

O candidato quere “invitar a todos os simpatizantes do Partido Popular de Barreiros a que se animen para acompañar aos concelleiros e concelleiras do PP de Barreiros que dedicaron o seu tempo e esforzo a axudar aos veciños e ás veciñas deste municipio”.

Gómez Puente, o candidato do PP á alcaldía de Barreiros, subliña que “me presento co único obxectivo de axudar e colaborar na mellora da calidade de vida das veciñas e veciños deste concello”.

As persoas interesadas en asistir a esta cea homenaxe poden facer as súas reservas na Yenka chamando ao teléfono 623 226 825. O prezo do cuberto é de 25 euros.

Exit mobile version