Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz chama á responsabilidade a empresa concesionaria do centro sociosanitario

Foz, 14 de xaneiro, 2023. O BNG de Foz lamenta a actitude da empresa concesionaria do Centro Sociosanitario de Foz. Durante os pasados anos, se algo quedou claro no Centro, foi a competencia, a profesionalidade e a dedicación do seu persoal. Persoas traballadoras que foron xa algunhas subrogadas das vellas instalacións do asilo, e que nunhas instalacións mellores desenvolven de xeito mais eficaz e satisfactorio as suas demostradas capacidades. Sempre agradeceremos a súa dedicación e interese.

Non amosou o mesmo a empresa concesionaria, cunha actitude ben diferente chegando ao anunciado en prensa recentemente. Sorprendentemente en 2020 inicia a prestación dun servizo non incluido na concesión (cobrando por él ao marxe do contrato), po lo que foi preciso realizar unha modificación non prevista nos pregos do contrato de concesión do servizo. Foi ademais preciso realizar un axuste de requilibrio económico por mor da pandemia que á empresa non lle pareceu suficiente, ignorando os seus compromisos contractuais, os cálculos dos técnicos do Concello e a lexislación vixente, e maniobrando para forzar unha suma inaceptable e ilegal. As consecuencias da sua impericia empresarial, ao non establecer adecuadamente os mecanismos de contención de imprevistos, foi deixar de pagar aos seus profesionais. Así, adeuda distintas sumas ao persoal. Nova mostra de que a calidade incuestionabel do servizo débese as persoas traballadoras e non a empresa, que lles adeuda pagamentos. Nunha nova maniobra insensata e tóxica, a concesionaria, anuncia agora públicamente unha entrega do servizo, algo que sabe non pode executar, pero non lle importa atemorizar aos usuarios, ás familias destes e seguir presionando aos traballadores para vulnerar a legalidade.

O Servizo está garantido para os usuarios, a subrogación das persoas traballadoras é segura como foi dende o asilo, e nestes intres trátase de chegar á mellor solución administrativa, que tras da xuntanza co Consorcio de Benestar, pasa por transferir a titularidade ao Concello de Foz. Por que así debeu ser sempre (como aprobaron por unanimidade todos os grupos municipais), mais no entanto, realizarase un novo convenio de colaboración, que lamentablemente o Consorcio non entregou ao Concello até o 10 de xaneiro. Analizado xa po los servizos muncipais, está pendente de confirmacion inminente po las partes.

Por tanto continúa e continuará, prestándose o servizo, por esencial, por obriga contractual e por que todolos argumentos amosados até o de agora son insostibles para abandonar os seus compromisos.

O BNG chama ao sosiego mesmo coa discrepancia e a disconformidade que poda ter a empresa por que é da legalidade do que se está a falar. Comprometémonos a dialogar con todas as partes o que sexa necesario cando se considere oportuno, para acadar tranquilidade e unha solución. Queremos transmitir novamente o agradecemento as persoas traballadoras e a nosa comprensión a persoas usuarias e familias po la inquedanza xerada, co firme compromiso e convicción de que os intentos de desestabilización do consenso acadado, non teñen percorrido.

Exit mobile version