Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concurso de Decoración navideña do CCHV en Colaboración co Concello de Viveiro, xa ten gañadores

Viveiro, 4 de xaneiro, 2023. O Concurso de Decoración navideña do CCHV en Colaboración có Concello de Viveiro, xa ten gañadores. O venres da semana pasada o xurado fallaba os premios do concurso e hoxe fíxose entrega dos mesmos. O concurso consistía en decorar e ambientar con motivos navideños as fachadas e os escaparates dos locais comerciais, e como novidade incorporábase unha nova categoría, a dos veciños.

As categorías e premios erán:
CATEGORÍA VECIÑOS:
– 1º Premio ó mellor balcón ou fachada navideña 150€
– 2º premio 100€
– 3º premio 50€
CATEGORÍA COMERCIOS:
– Premio ó mellor Balcón ou fachada navideña 100€
– Premio ó mellor escaparate e interior do establecemento 100€

O xurado estaba composto pola Concelleira de comercio, por unha deseñadora de interiores e por un representante da Directiva do CCHV e artista local. Valoraron tanto a orixinalidade, como a creatividade, o impacto visual, a dificultade de elaboración e o resultado global, sen perder nunca de vista de que se trataba dunha ambientación de carácter navideño. Destacaron, ante todo, a gran calidade dos traballos e o esforzo e a involucración dos negocios e dos veciños para dar un ambiente o máis navideño posible ós seus locais e vivendas. O veredicto estivo moi reñido, nesta edición o xurado tívoo moi complicado. O gañadores foron:
1.-Categoría comercios. – Gañador Mellor Escaparate: COCOLATTE Gañador Mellor Fachada: ÓPTICA ROSARIO
2.-Categoría Veciños – 1º Premio: Amando Fernandez (vivenda ubicada na rúa Furadiña, 2)
2º Premio: Sergio Allo (Comunidade de veciños de Alonso Perez, 21)
3º Premio: Purificación Rodriguez (vivienda ubicada en Iglesia, 5 – Magazos)

A entrega de premios realizouse hoxe pola tarde nas oficinas do CCHV, ca presenza da Concelleira de Comercio Marisol Rey e o Presidente do CCHV Tomás Lasheras. A directiva quere agradecer a tódolos negocios e a tódolos veciños a súa participación e o seu esforzo que fai que entre todos Viveiro luza espectacular Nadal tras Nadal, e ó Concello de Viveiro pola súa colaboración neste concurso.

Exit mobile version