Site icon Crónica3.com A Mariña

O dispositivo da Deputación traballa para resolver as incidencias provocadas polo temporal nas estradas provinciais

A institución mantén despregados 62 operarios e 40 máquinas e vehículos para facilitar a circulación e garantir a seguridade ante os efectos dos temporais

Lugo, 17 de xaneiro de 2023. A Deputación de Lugo está a traballar nas 83 estradas provinciais afectadas polas fortes choivas e nevaradas que están a producirse estes días por mor dos temporais. A institución mantén despregados 62 operarios e 40 máquinas e vehículos para paliar os efectos das inclemencias meteorolóxicas na rede viaria provincial, un dispositivo que traballa en 11 municipios da Montaña e a Ribeira Sacra.

Os concellos afectados son Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil e Samos. Nas vías destes municipios transítase con dificultade, e ademais están pechadas por caídas de árbores e desprendementos 6 estradas de 5 concellos da Terra Chá.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 62 operarios, 24 máquinas quitaneves con saleiro, 8 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 8 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

A Deputación de Lugo mantén activo o dispositivo que puxo en marcha esta noite ante a previsión de nevaradas. As estradas provinciais afectadas polo temporal de chuvia e neve son as seguintes:

– Baleira: LU-P- 0401, de Corveira, por Córneas ao Restelo; e LU-P-0405, de Fonteo á Lastra.

– Becerreá: LU-P-0704, de Cereixal por Penamaior á Escola de Montaña; a LU-P-0707, de Armesto por Torés ás Nogais; LU-P-0708, de Cereixal a Louxas; LU-P-6221 de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei; e LU-P-0702, da Estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada.

– Folgoso do Courel: LU-P-1301, de Seoane de Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Ferreira do Incio; LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Courel e acceso a
Meiraos; LU-P-4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a Folgoso do Courel; LU-P-4505, de Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; e LU-P-5601, de Samos ao Courel e ramal a Santa Mariña.

– Cervantes: LU-P-1401, da LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1404, de San Román a Quindous; LU-P-1405, de Campa da Braña a Tres Bispos; LU-P-1411, de Vilanova ao Portelo; LU-P-1412, de Quindous a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-0702, da Estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada; LU-P-1402, de San Martín da Ribeira por Quindous a Chaovilarín a Vilaquinte; LU-P-1403, de Vilanova a Santa Marta; LU-P-1406, de Trabado á pista dos Prados; LU-P-1407, de Bolois a Vilanova; LU-P-1408, de Fonquente a Noceda; LU-P-1409, de Quindous, por Vilar, a Robledo; LU-P-1410, de San Marín da Ribeira por Couso á LU-P-1404; LU-P-3505, de Navia por Silvouta e Vilaquinte a Donís; e LU-P-4505, de Pedrafita ao Portelo.

– A Fonsagrada: As 15 estradas provinciais do municipio están afectadas.

– Navia de Suarna: LU-P-3501, da LU-722 por Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502, de Muñís a Rao (pechada); LU-P-3508, de Rao por Murias a Balouta; LU-P-3505, de Navia por Silvouta e Vilaquinte a Donís; LU-P-3509, de Navia por Virigo ao alto de Labiadas; LU-P-1901, da Fonsagrada a Navia; LU-P-3503, de Silvouta, por Vallo, a Vilor; LU-P-3511, da LU-P-3507 por Abrente a Asturias; e LU-P-3512 de Cancela da Serra por Son e Robledo á LU-722.

– Negueira de Muñiz: LU-P-3601, do Acebo a Negueira de Muñiz; e LU-P-3602, do Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias.

– As Nogais: LU-P-3701, das Nogais, por Pintinidoira á LU-P-4504; LU-P-4503, de San Pedro, por Busnullán e Vilasol a Nullán.

– Pedrafita do Cebreiro: As 8 estradas provinciais do municipio están afectadas.

– Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por A Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; e LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.

– Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte Lóuzara a Praducelo; LU-P-5601, de Samos a Courel e ramal Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe á Ferrería do Incio; e LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Lóuzara.

As seguintes estradas da Terra Chá están cortadas por incidencias:
– Outeiro de Rei: LU-P-5101, Rábade (N-VI) – Friol (LU-232) (Ponte Oriz inundado)
– Xermade: LU-P-2207, A Raiola (LU-P-6513) – Ponte Corbal – Buriz (LU-170)
– Guitiriz: LU-P-2101, Friol (LU-934) – Parga (LU-242)
– Cospeito: LU-P-1701, Feira do Monte (LU-111) – Muimenta (LU-120)
– Castro de Rei: LU-P-1110, Santa Leocadia (LU-P-1611) – Ansemar – Ludrio (LU-P-1102)
– Begonte: LU-P-0802, Begonte (N-VI) – Santalla

Desprendemento en Quiroga
Os técnicos da Deputación de Lugo atópanse traballando para despexar a estrada provincial LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por A Seara e Ferramulín ao límite provincial, no concello de Quiroga. Unha vez librada farase unha avaliación técnica e económica dos danos por parte da institución provincial.

A vía sufriu a noite do luns o desprendemento da ladeira da montaña por motivo das fortes choivas. Este suceso arrastrou varios vehículos e provocou o risco de caída dunha vivenda. Non se produciron danos persoais.

Exit mobile version