Site icon Crónica3.com A Mariña

O intenso traballo do dispositivos despregados pola Deputación permite a reapertura de todas as estradas

Abertas tamén as estradas inundadas nos concellos da Terra Chá, así como a LU-P-5004, en Quiroga, afectada polo desprendemento da ladeira da montaña, e a vía LU-P-3806, de Ourol a Sixto, tras o afundimento dun lateral do trazado

Lugo, 19 de xaneiro de 2023. A Deputación de Lugo despexa todas as estradas provinciais tras o intenso traballo realizado polos dispositivos despregados para paliar os efectos do temporal. Tras un corte parcial o xoves da vía LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira, á de Samos ao Courel e acceso a Meiraos, o operativo despexou a vía realizando un importante traballo debido á dificultade provocada pola gran cantidade de neve acumulada.

As restantes estradas afectadas por cortes quedarán abertas este mediodía. Na estrada provincial LU-P-3806, de Ourol a Sixto, permitirase a circulación tras o afundimento dun lateral da vía provocado polas intensas choivas destes días. Así mesmo, xa se pode transitar polas vías de Outeiro de Rei, Xermade, Cospeito, Castro de Rei e Begonte afectadas polas inundacións e as crecidas dos ríos.

Igualmente, en Quiroga reabriuse a LU-P-5004, que a comezos de semana sufriu un desprendemento da ladeira da montaña. Agora, unha vez liberada, farase unha avaliación técnica e económica dos danos por parte da institución provincial.

A Deputación incrementou o mércores os medios mobilizados no operativo que activou para facer fronte ós efectos do temporal ata chegar a un total de 74 traballadores, 24 máquinas quitaneves, 11 pick up con saleiro e cuña quitaneves, 8 vehículos todoterreo de apoio e un medio mecanizado para mover as árbores de gran tamaño que foron derribadas polo temporal sobre as vías.

Exit mobile version