Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén cae coa cabeza ben alta nos Oitavos de Final da Copa do Rei ante o Mallorca Palma Futsal

Burela, 24 de xaneiro, 2023. Ás 20.30 desta tarde disputouse en Vista Alegre o encontro de Oitavos de Final da Copa da SM O Rei, Pescados Rubén Burela FS Vs Mallorca Palma Fustal. O equipo mariñano deu a talla con creces ante un dos mellores equipos de Europa, chegando a xerar bastante tensión ao equipo mallorquino durante grande parte do partido.

Na primeira parte o Palma comeza con dúas ocasións que o equipo mariñán consegue manter a raia e no medio dos primeiros cambios, no minuto 3 Tayebi adianta 0-1 o marcador. Continúan con varias ocasións pero o Burela mantense ben en defensa e presiona ao equipo visitante non permitíndolle continuar sumando puntos. No minuto 11 Rikelme ten unha boa oportunidade pero o Palma continúa tentando coar o balón na portería laranxa, ante un Burela FS que non llo permite con boa defensa e grandes intervencións de Kaluza. Mantense o 0-1 ata o descanso.

No minuto 1 da segunda parte Molsen mete o segundo gol e no 4, o goleador da Segunda División David Pazos, anota o primeiro tanto do Burela cun golazo dende fóra da área tras un saque de esquina e un minuto despois Lucho empata o enc”ontro 2-2 xerando moita espectación en Vista Alegre e moita tensión no equipo rival durante varios minutos. Tras dous paradóns de Kaluza no minuto 28, tras un pase de Moslem, Marlon volve poñer por diante ao Palma 3-2 e dous minutos despois de novo Marlon aproveita a porteira baleira do Burela para subir 4-2 o marcador. Tras dúas oportunidades claras unha de Eloy e outra de Nando nos minutos 33 e 35, o equipo mariñán aposta de novo polo xogo de 5 pero esta vez manteno ata o final desde o minuto 36. No 38 Eloy dispara e rebotando en Chaguinha chega o 3-4, achegándose ao ansiado empate. Pero o pouco tempo restante non permite aos mariñáns seguir buscando o gol aínda que non deixan de tentalo ata o último segundo, con porteiro xogador e presionando ata o final.

En palabras do adestrador do Pescados Rubén Burela FS, David Rial, “creo que ao final morremos matando, morremos en área rival, con ocasión, creo que dentro do doídos que temos que estar pola derrota, temos que estar contentos polas maneiras”. E segundo Antonio Vadillo, que nunca vira un partido do Burela FS esta tempada ata que o tivo que estudiar para este encontro, “levei unha grata sorpresa analizando ao rival. É un equipo moi ben traballado, moi ben, que ten moi claro como xoga, moi ordenado, un equipo que realiza unha presión tras pérdida brutal, fai tempo que non vexo un equipo que teña esa fame cando perde o balón”

Agora toca volver centrarse no prioritario, a liga, e nos próximos dous encontros, contra o Alzira primeiro e posteriormente o Zaragoza, que marcarán a diferenza nos primeiros postos da táboa clasificatoria nas próximas semanas.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Mallorca Palma Fustal

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Lucho, Pitero, Rikelme, Alberto, – cinco inicial- Isma, Bruno Expósito, Nando, Antón Arnejo, David Pazos, Eloy de Pablos, Bruno (P).

O Parrulo Ferrol FS: Luan Muller (P), Chaguinha, Eloy Rojas, Marlon, Saldise – cinco inicial- Mancuso, Rivillos, Moslem, Tomaz, Tayebi, Cleber, Carlos, Cainan, C. Barrón (P)

Goles: Min.3 Tayebi 0-1; min.21 Moslem 0-2; min.23 David Pazos 1-2; min. 25 Lucho 2-2; min.28 Marlon 2-3; min.30 Marlon 2-4; min.38 Bruno Rocha (PP) 3-4.

Equipo Arbitral: Diego Gallo, Rubén Hevia, Andrea de Luis.

Exit mobile version