Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro insta á mellora das estradas na comarca

Viveiro, 23 de xaneiro, 2023. Nos últimos días, o xa coñecido déficit na comunicación por estrada na Mariña Central e Occidental, ven a padecer o que se pode calificar como a tormenta perfecta. O corte ao trafico da estrada N-642, debido o socavón na entrada de Burela dende Foz, supuxo que os usuarios da devandita estrada soportasen importantes demoras nos seus desprazamentos, con elevado impacto social e economizo para unha comarca de 70.000 habitantes.

O desvío provisional por Rúa, autorizado nun principio, foi cerrado posteriormente debido as malas condicións de seguridade, fundamentalmente para o trafico de camións e autobuses, quedando como única alternativa de comunicación a estrada LU- 161 que conecta Viveiro e Ferreira. A última hora do domingo producese a apertura o trafico dun carril da estrada, con regulación por semáforo.

En Por Viveiro xa temos presentado mocións e rogos demanda construción da Autovía A-74, que comunicaría Barreiros con San Cibrao, as nosas propostas caeron en saco roto, e ano tras ano vemos como os orzamentos do estado se esquecen desta obra.

Consideramos esperpéntico e lamentable que unha rotura na N-642 deixe practicamente incomunicada toda a Mariña, por carecer de alternativas rápidas e seguras por estrada.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:

1. Instar o goberno central a unha rápida reparación da N-642 que posibilite a recuperación total do trafico na mesma.
2. Instar o goberno central a activación da construción da autovía A-74, para paliar o importante déficit nas comunicación por estrada na Mariña Central e Oriental.
3. Trasladar esta moción a tódolos Concellos da Mariña e tamén a Mancomunidade de Concellos, para que valoren solicitar o goberno central o cumprimento dos devanditos puntos 1 e 2.

Exit mobile version