Site icon Crónica3.com A Mariña

Volta ao segundo posto na clasificación para os “pícaros” e reparto de puntos no segundo e terceiro posto da 1ª Federación de Futsal Feminino

Vitoria ante Gran Canaria FS e empate ante o Poio Pescamar FS na “Tarde Laranxa” de hoxe en Vista Alegre, acompañada dunha riquísima chocolatada

Burela, 15 de xaneiro, 2022. A “Tarde Laranxa” desta tarde en Vista Alegre foi o festival de fútbol sala que se esperaba, con case 700 espectadores de 16.30 a 21.00 da tarde, animando ao Pescados Rubén Burela FS masculino, ás 16.30 contra o Gran Canaria FS, e feminino ás 19.00 horas contra o Poio Pescamar FS.

Os “pícaros” abriron a tarde cun encontro no que se mostraron moi superiores ao equipo canario e leváronse os 3 puntos cun 6-3 final con bastante comodidade, a pesar da insistente presión exercida co porteiro-xogador do equipo de Suso Méndez. No minuto 3, David Pazos abre o marcador cun gol que anima ao seu equipo, que domina claramente todo o primeiro tempo. Despois dos primeiros cambios, Pitero anota o segundo gol no minuto 9 e o 3-0 chega cun gol de Nando no 10. No minuto 14 J. Chávez anota o 3-1 pero o equipo laranxa segue medrado e no 17 Antón Arnejo mete un golazo que pon o 4-1 co que chegará o descanso, a pesar do xogo a 5 do equipo canario que comeza xa antes da segunda parte. No minuto 3 da segunda parte Isma suma o 5-1 provocando que Suso Méndez recorra durante case todo o segundo tempo ao porteiro-xogador, conseguindo dous tantos, un de Jon no minuto 28 e outro de Daniel Mesa no 34, e co marcador 5-3, no minuto 36 Pazos pon o broche final co 6-3 co que remata o encontro. É o 13º encontro consecutivo sen coñecer a derrota do equipo de David Rial, que espera sumar o 14 a fin de semana que ven contral o Parrulo, co que van empatados a 31 puntos, ocupando o 2º e 3º posto na clasificación. O partido foi locutado no streaming, ademáis do habitual Miguel Albo, pola compañeira dos xogadores laranxas, capitana do equipo femenino e tamén xogadora da Selección Española, Peque, que desgraciadamente non puido disputar o encontro celebrado posteriormente contra o Poio.

Despois de desfrutar da vitoria do equipo masculino e unha boísima chocolatada no pavillón onde o Pescados Rubén xoga cada sábado en Burela, as “guerreiras” de Julio Delgado xogaron o derbi máis esperado da Primeira División de Fustal Feminino e que deu a talla esta tarde en Vista Alegre. Contra un Poio Pescamar FS que está demostrando moito esta tempada, o equipo laranxa xogou unha primeira parte na que lles custou encontrar o ritmo, a pesar do 1-0 de Cilene no minuto 3, non se mostraron cómodas, chegando ao descanso 1-2 no marcador despois dun gol de Elena Aragón no minuto 10 e outro de Luci no 18. Na segunda parte o Burela FS mostra máis continuidade, con máis ocasións de gol, catro de Emilly nos minutos 25, 29, 33 e 39 a portería vacía aproveitando as debilidades do xogo de cinco. Outra ocasión de Antía no 31 e unha clarísima de Cilene a 30 segundos de rematar o encontro. Moitas destas oportunidades vense frustradas por unha moi notable porteira do equipo pontevedrés. Ambos equipos recorren ao 5 para 4, algo ao que as nosas xogadoras non están moi habituadas, pero que resolveu ben a situación do partido véndose 1-3 no marcador e remontando 3-3 cun gol de Jenny no minuto 35 e outro de Dany no 36.

Agora ambos equipos se concentran xa no fin de semana que ven, que de novo xogan na casa e esperan que a súa Familia Laranxa acuda ao pavillón a animalxs de novo, o vernes contra o Parrulo de Ferrol por un lado, co que esta vez o equipo masculino se xoga o 2º posto da clasificación, e o sábado o feminino contra o Rayo Majadahonda que ven de ganar ao Marín na súa casa 1-3.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Gran Canaria FS:

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Lucho, Pitero, Rikelme, David Pazos, – cinco inicial- Bruno Expósito, Isma, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Eloy de Pablos, Bruno (P).

Gran Canaria FS: Asensio (P), Aithor, Orellana, Rober, J. Chávez – cinco inicial- C. Padilla, Ricky, Jon, Juanillo, Alex Resta, Martos, Cristian, Daniel Mesa, Abimael, Álvaro, Barranquero (P) y Mariano (P)

Goles: Min.3 David Pazos 1-0; Min.9 Pitero 2-0; Min.10 Nando 3-0; Min.14 J. Chávez 3-1; Min.17 Antón Arnejo 4-1; Min.23 Isma 5-1; Min.28 Jon 5-2; Min.34 Daniel Mesa 5-3; Min.36 David Pazos 6-3.

Equipo Arbitral: Cristian Cubero García, Luis Manuel Manso Martín, Daniel López López y Eva López Seijas.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS:

Pescados Rubén Burela FS: Jozi (P), Cilene, Antía, Patricia, Emilly – cinco inicial- Dany, Claudia, Jenny, Dasha, Irene Samper, Masha, Sonya, Evelina (P)

Poio Pescamar FS: Sandra Buzón (P), Martita, Dani Sousa, Marta, Luci – cinco inicial- Laura Uña, Dupuy, Anna, Elena Aragón, Agostina, Irene, Rocío Gómez, Elena (P).

Goles: Min.3 Cilene 1-0; Min.10 Elena Aragón 1-1; Min.18 Luci 1-2; Min.26 Irene 1-3; Min.35 Jenny 2-3; Min.36 Dany 3-3.

Equipo Arbitral: Gael García Schmid, Daniel López López, Yago Seijas Piñeiro, María López López.

Exit mobile version