Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se coñecen os gañadores da campaña Obxectivo 400 organizada por Acisa e o Ribadeo FC

Ribadeo, 23 de xaneiro de 2023. Xa se coñecen os gañadores da campaña obxectivo 400 organizada por Acisa e o Ribadeo FC entre os socios deste club. O sorteo tivo lugar nas oficinas da asociación esta mesma mañá e, tal e como se anunciou, foi emitido a través das redes sociais da asociación. Os afortunados teñen ata este venres, 31 de xaneiro, para reclamar e recoller os seus premios.

Desde Acisa lembran que “esta campaña, es una colaboración entre el Ribadeo FC y Acisa para ayudar al equipo local a aumentar su número de socios, con la colaboración de nuestra asociación que aporta 500 euros en vales de compra para sortear en 5 premios de 100 euros cada uno. El sorteo se realiza entre los de socios del club ribadense, según el censo cerrado de ayer, 22 de enero”.

Os afortunados no sorteo da campaña obxectivo 400, cun premio de 100 euros cada un deles, son os seguintes: José Luis Martínez Fernández, Santiago Fernández–Reinante Pérez, Manuel Jesús García Fernández, Pablo Posada e Ángel Expósito.

O vídeo do sorteo pódese ver na páxina de facebook de Acisa Ribadeo

Desde Acisa Ribadeo tamén lembran que se segue buscando ao posuidor do número non presencial que resultou afortunado no sorteo da XII Festa do Comercio. Trátase do 90.316. O prazo para ser reclamado devandito premio termina este venres, 27 de xaneiro.

Exit mobile version