Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se coñecen os poemas premiados no Certame de Poesía Infantil ‘nadal 2022’ de Viveiro

Imaxe da edición 2021

Viveiro, 14 de xaneiro de 2022. O Concello de Viveiro informa da resolución do Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2022’ na súa fase local. O concurso está organizado pola Biblioteca Municipal de Viveiro en coordinación coa Biblioteca Pública de Lugo, con edicións locais nos distintos municipios previas á fase final provincial.

Na categoría A, que inclúe a nenos/as de ata 8 anos, os textos gañadores son os de Anne López Ferraz, Junliang Wu e Guillermo García Fernández. Na categoría B, que inclúe a nenos/as de 9 a 12 anos, gañaron Ashley Michelle Montera Barrero, Lucía Sanjurjo Iglesias e Inés Mariño Gómez.

A entrega de premios desta fase local do certame celebrarase o sábado 21 de xaneiro ás 13:00 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro.

Os traballos premiados nesta fase local no concello de Viveiro enviaranse ao certame provincial, no que o xurado escollerá os mellores textos entre os poemas enviados polos nenos/as de toda a provincia de Lugo.

“Agradecemos a motivación de todos os xóvenes escritores e escritoras que nos enviaron os seus textos, así como a implicación do profesorado para que a mocidade participe na Cultura”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

Exit mobile version