Site icon Crónica3.com A Mariña

A ACR Fervenza de Sargadelos celebra o Día de Rosalía este domingo, no Café Bar Cultural A Sacabeira

A partir do mediodía haberá unha degustación do caldo de gloria e ás 18h a escritora, feminista e activista Andrea Nunes Brións, baixo o nome “Unha vez tiven un cravo”, fará unha cartografía emocional a través da súa obra. Para finalizar o acto, convidarase a todas as persoas a participar da lectura colectiva do Manifesto da AELG.

Exit mobile version