Site icon Crónica3.com A Mariña

A presión veciñal logra o ensanchamento do vial de Campo de Verdes, salienta o BNG de Viveiro

Viveiro, 9 de febreiro, 2023. As insistencias da veciñanza, en prensa e no pleno municipal, conseguiron que deran comezo as obras para o ensanchamento do seu vial en apenas uns meses despois de anos e anos acumulando sustos e preocupacións ao non poder entrar vehículos de emerxencias como bombeiros, ambulancias medicalizadas e incluso servizos básicos como é o habitual servizo de recollida de lixo.

Mentres que María Loureiro expoñía o argumentario de “sin PXOM no podemos hacer nada”, que cada pouco saca relucir, Míriam Bermúdez exixía que buscasen os “atallos” legais necesarios que permitiran o ensanchamento do vial sen agardar pola suposta aprobación do PXOM, que tamén precisaría doutros informes externos favorables para poder realizalo.

Por último, Míriam Bernúdez parabeniza á veciñanza por este logro e anima ao resto a facer públicas as súas necesidades e demandas, que desde o BNG estamos a facilitar cos encontros “Cóntallo Ti”, pois está a ser a única maneira de que este Goberno actúe

Exit mobile version