Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición para participar no desfile de Entroido de Ribadeo

Ribadeo, 10 de febreiro de 2023. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no desfile de Entroido de Ribadeo, que se celebrará o 21 de febreiro. En total vanse repartir 4.500 euros premios.

As bases e a ficha de inscrición pódense consultar e descargar desde a sede electrónica do Concello de Ribadeo. O prazo estará aberto por sede electrónica ata o 20 de febreiro e o mesmo día do desfile, Martes de Entroido, no Cine Teatro á hora que reflicten as bases.

As persoas interesadas en obter máis información sobre o desfile de Entroido de Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa, poden dirixirse á Oficina de Turismo ou ás instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.

Desde o Concello e desde Acisa subliñan que “a inscrición no desfile pode facerse por parte dos participantes directamente na sede electrónica do Concello, no rexistro físico ou enviando un correo electrónico a info@acisaribadeo.es ou turismo@ribadeo.org”.

A organización do Entroido de Ribadeo 2023 aclara tamén que “o sorteo da rifa do cocho será o 27 de febreiro. Houbo un erro de impresión que fala doutra data, pero será o 27 de febreiro, luns despois da Queima”.

Exit mobile version