Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro chama “á unidade de acción política” ante a intención dos socios europeos do BNG de ampliar as zonas vetadas á pesca de arrastre

O deputado popular considera “imprescindible unha reacción institucional en todas as direccións, especial do Ministerio, como principal representante dos intereses de España en Bruxelas”

Compostela, 22 de febreiro de 2023. O Presidente da Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia e deputado mariñán, José Manuel Balseiro, fai un chamamento á unidade de acción política ante a intención dos Verdes europeos e socios do BNG de ampliar as zonas vedadas á pesca de arrastre.

“Os socios europeos do BNG, lonxe de rectificar, pretenden ampliar, en palabras do comisario europeo de Pesca, as zonas prohibidas para que faene a nosa flota”, explica o deputado popular. “Trátase dunha decisión equivocada, unha vez máis, que vai na dirección incorrecta, que atenta contra os intereses dos pescadores e fai perigar o futuro do sector”, matiza Balseiro.

O deputado asegura que “é imprescindible unha reacción institucional en todas as direccións, con especial intensidade do Ministerio, como principal representante dos intereses de España en Bruxelas”. Así, considera “incomprensible que o Bloque Nacionalista Galego non rompa cos seus socios ecoloxistas radicais. Todas as forzas políticas deben actuar con unidade de acción a favor da nosa pesca”.

Exit mobile version