
No pregón houbo alusións ao Pequeno Nicolás, á cancela de acceso á Illa Pancha ou ao barco afundido con fardos de droga a varias millas da costa. Carlos Blanco tamén se referiu ao Entroido de Ourense e ao de Bueu, onde estaría hoxe coa súa comparsa se non estivese a ser pregoeiro e a deleitar aos seus fans no monólogo que dará comezo ás nove da noite no auditorio municipal Hernán Naval. O alcalde, concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo e representantes de Acisa asistiron no Teatro ao pregón de Carlos Blanco. A charanga Aturuxo puxo a nota musical esta tarde noite polas rúas de Ribadeo.