Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega: “Seguimos traballando e mellorando Rinlo gracias á xestión e á colaboración de todos os veciños”

“Primeiro xestionamos inversión para arranxar a avenida central de Rinlo e agora arranxamos a chegada á zona do paseo marítimo”, explica o voceiro

Ribadeo, 8 de febreiro de 2023. O voceiro do grupo municipal popular de Ribadeo, Dani Vega, explica que “desde o noso grupo municipal seguiremos traballando e mellorando Rinlo gracias á xestión e colaboración con todos os veciños e todas as asociacións”.

Neste sentido, Vega resaltou que “esta liña de traballo é a que mantivemos durante toda a lexislatura, non é cousa de agora, senón que nestes últimos catros anos estivemos escoitando aos veciños as súas propostas e aportamos naquilo que puidemos”. Ademais, o representante do grupo municipal explica que “é importante xestionar orzamentos para mellorar os puntos claves en Rinlo así como a actividade cultural”.

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS

Un dos aspectos máis importantes para o grupo municipal é a mellora das infraestruturas, pois permite que o a evolución da vila sexa moi positiva. Dani Vega destacou que desde o grupo municipal axudouse a mellorar as infraestruturas: “Quixemos aportar naquilo que puidemos. Xa aportamos na avenida principal de Rinlo, a Avenida de Ribadeo, na que investimos máis de 50.000 euros, e agora queremos concluír arraxando o final da avenida, pois é o tramo final que une co paseo marítimo. Alí aplicamos hormigón para darlle unha maior estabilidade e seguridade a ese entorno, retirouse o aglomerado que estaba destrozado e en moi mal estado e melloramos finalmente o firme. Con esta obra ademais melloramos o impacto visual desta zona pois está moito mellor que antes”.

Exit mobile version