Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciadas as obras de mellora de accesibilidade da rúa de Galdín, en San Cibrao

Cervo, 6 febreiro de 2023. O concello de Cervo vén de iniciar as obras de mellora de accesibilidade da rúa de Galdín, en San Cibrao.

No día de hoxe, o alcalde Alfonso Villares, xunto coa tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata a zona para supervisar a actuación que supón un orzamento que supera os 100.000 euros -104.492 euros concretamente-, fondos procedentes do Plan Único.

Tal e como apuntou Villares, con esta actuación pretendemos mellorar a accesibilidade da vía, conseguindo integrar a circulación tanto de vehículos como de peóns.

Ademais, vaise substituír a rede de abastecemento existente, así como tamén se vai instalar unha nova rede de saneamento cun sistema de separación de pluviais e fecais. Por último, acometerase unha renovación do firme.

Exit mobile version