Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro critica a tardanza na creación de aparcamentos en Covas e Lodeiro

Viveiro, 7 de febreiro, 2023. Foi aprobada a moción do BNG para baixar a siniestralidade na vía que atravesa Cantarrá solicitando modificar os aparcamentos e distribuílos en espiga, así como poñer en marcha un sistema de xestión de solares privados na zona de Covas para utilizalos como aparcadoiros públicos a través do comodato ou préstamo de uso. Foron varios os rogos tamén presentados sen que se coñecera máis avance ca o da realización das bases para a xestión de solares privados, que en teoría estaban en elaboración.

No mesmo senso de mellorar a seguridade, dende o BNG rogamos no 2020 pola distribución dos aparcamentos de Lodeiro en espiga, ao que o goberno respostou no pleno que o valoraría.

Tamén foi aprobada a moción do BNG para a eliminación do enreixado que vai desde o Casino ata Celeiro, e a creación dun carril bici e máis aparcamentos para a zona de Lodeiro.

É por isto que dende o BNG rogamos:

. Coñecer en que estado se atopan na actualidade as tramitacións respecto aos aparcamentos de Cantarrá e Covas (distribución en espiga e xestión de solares privados como aparcadoiros públicos).

. Coñecer que ten valorado o goberno con respecto á disposición en espiga dos aparcamentos de Lodeiro, e se fixo algunha tramitación ao respecto.

. Coñecer en que estado se atopa a tramitación da retirada do enreixado que vai dende o Casino ata Celeiro, para a creación de máis aparcamentos na zona de Lodeiro

Exit mobile version