Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela recibe ás Superguerreiras Laranxas

Burela, 9 de febreiro, 2023. Esta mañá ás 11.00 horas, o Concello de Burela recibiu ao equipo feminino do Pescados Rubén Burela FS con motivo de ser Campioas, un ano máis, da Supercopa de España de Futsal Feminino 2023. Durante o acto o alcalde, Alfredo Llano, recoñeceu tanto a labor do Club de fútbol sala como a do equipo polo traballo que están facendo, non só esta tempada, senón a o longo dos anos, promovendo valores a favor do deporte, a saúde e o benestar, así como tamén pola igualdade entre todas as persoas. Pola súa banda, o vicepresidente segundo do club, Jose Luís Sáez, que asistiu ao evento, tamén agradeceu ás xogadoras o seu esforzo e labor nesta Supercopa na que houbo quen ata xogou lesionada.

Acudiron ao acto todo o equipo feminino do Pescados Rubén Burela FS (xogadoras e corpo técnico), o vicepresidente segundo do Pescados Rubén Burela FS, Jose Luís Saez, o alcalde Alfredo Llano, o concelleiro de deportes Ramiro Fernández Rey, a concelleira de cultura, Carmela López Moreno, e a concelleira de muller e igualdade, Noelia Ben Vázquez.

É a quinta Supercopa consecutiva que o equipo laranxa gaña e, outro ano máis, o club organizará unha “Superfesta” esta fin de semana despois do partido contra o Leganés, coa colaboración do concello de Burela na mesma praza do concello para celebralo cos veciños.

Exit mobile version