Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro facilita autobuses para acudir á Manifestación Feminista do 8 de marzo en Ribadeo

Viveiro, 28 de febreiro de 2023. A Concellería de Muller e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro facilitan autobuses a todos os veciños e veciñas interesados en acudir á Manifestación Feminista convocada por mulleres de varios colectivos o 8 de marzo en Ribadeo.

A marcha, que baixo o lema “Feminismo día a día polos nosos dereitos, polas nosas vidas” conmemora o Día Internacional das Mulleres, sairá ás 20:00 horas do Aparcadoiro público na rotonda do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo.
Os autobuses sairán da Estación de Autobuses de Viveiro o día 8 ás 18:00 horas e regresarán ás 22:00 horas.

Os interesados en participación na Manifestación Feminista en Ribadeo deberán anotarse no CIM VIVEIRO a través dos teléfonos: 982 88 84 19 e 982 55 04 21.
O prazo para inscribirse remata o próximo luns, día 6 de marzo, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Exit mobile version