Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro impulsa unha enquisa entre a veciñanza para presentar unha candidatura á convocatoria extraordinaria dos plans de sostibilidade turística

Viveiro, 16 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro impulsa unha enquisa enmarcada no proceso participativo paralelo á redacción do documento de Plan de Sostibilidade Turística en Destino de Viveiro.

Esta iniciativa, promovida dende o goberno local, ten como obxectivo presentar unha candidatura á Convocatoria Extraordinaria de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos deste ano 2023, aberta pola Secretaría de Estado de Turismo.

O cuestionario busca recadar a opinión da veciñanza e do sector turístico sobre as accións prioritarias que se deben levar a cabo e que deben ser viables técnica e economicamente, ademais de estar na liña coas políticas europeas, nacionais e rexionais.

A enquisa está dispoñible dende hoxe e ata o próximo domingo 26 de febreiro.
Enlace á enquisa: https://bit.ly/3HWUQjm

Exit mobile version