Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro solicita unha subvención para a mellora da eficiencia enerxética no parque empresarial de Landrove

Viveiro, 14 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro solicitou unha subvención para mellorar a eficiencia enerxética no alumeado público do Parque Empresarial de Landrove.
O goberno municipal adheriuse para elo á Orde do 14 de decembro de 2022 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta.

O importe solicitado é de 30.938,45 euros para a execución do proxecto, ao que hai que engadir os honorarios do proxecto e dirección de obra, por un coste de 2.722,50 euros.
O Concello de Viveiro proxecta unha obra que incluirá a substitución dos actuais puntos de alumeado do parque empresarial por luces LED de maior eficiencia, co obxectivo de adecuala á normativa de baixa tensión e ao regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior.

O goberno local recorda tamén que, despois das reunións mantidas no seu momento con Xestur, insistirá e premerá á entidade para que adecente e peche as parcelas tal e como se acordou.

Exit mobile version