Site icon Crónica3.com A Mariña

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na feira Expogrelo de Abadín para recoñecer o labor dos produtores de grelos da comarca da Terra Chá. Cabarcos entregou os premios do certame anual de cestas de grelos da edición número 17 desta feira

Neste encontro, que se celebra dende o ano 2006, participan máis dunha decena de produtores de grelos. A feira combina a venda deste produto tradicional galego con postos de artesanía, música e demais produtos locais. José Luis Cabarcos e Javier Arias coincidiron en poñer en valor a calidade dos grelos desta comarca e animaron aos produtores e comercializadores, tanto en fresco como en conserva ou conxelado, a que se inscriban no selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia.

Exit mobile version