Site icon Crónica3.com A Mariña

O Martínez Otero sumouse á iniciativa da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo

Esta entidade solicitaba a colaboración dos centros educativos para visibilizar, tamén entre o alumnado, a importancia da loita contra esta enfermidade que celebra no día de mañá, 4 de febrero, o Día Mundial Contra o Cancro. O obxectivo é incrementar a concienciación sobre a prevención, a detección precoz e a necesidade de aumentar as partidas orzamentarias destinadas á investigación oncolóxica. O Martínez Otero confecionou no patio do colexio con todo o alumnado, un enorme lazo verde, cheo de vida e adicado a todas aquelas persoas que están a loitar contra esta enfermidade e aos seus familiares.

Exit mobile version