Site icon Crónica3.com A Mariña

O pasado mércores 15 de febreiro, as alumnas do curso “Tertulias literaris” da UNED Senior de Viveiro, acompañadas pola profesora Lola Dovale Dapena, realizaron unha viaxe cultural a Santiago de Compostela como parte da formación académica do curso

Esta actividade foi o peche do primeiro cuadrimestre do curso. Durante a excursión visitouse casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, onde as alumnas puideron coñecer con detalle a vida e obra dunha das figuras fundamentais para a lingua e a cultura galegas. Tamén visitaron o Museo do Pobo Galego, un museo de carácter antropolóxico situado no edificio do antigo convento de San Domingos de Bonaval. No museo as alumnas puideron percorrer as distintas salas dedicadas ao mar, ao campo,aos oficios, aos lugares e obxectos cotiáns que marcaron a forma de ser e de vivir da sociedade galega actual. Para finalizar a viaxe, accederon ao Panteón de Ilustres de Galicia onde están enterrados, entre outros, Rosalía e Castelao, e gozaron dun paseo polo Parque de Bonaval.

Exit mobile version