Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas da provincia apoian unha nova edición de Expogrelo en Abadín

O Voceiro Socialista no Concello de Abadín, Pablo Díaz, xunto ao Deputado provincial Pablo Rivera, acompañados de concelleiros socialistas e cargos orgánicos do partido, participaron este sábado na 17ª edición de Expogrelo, unha feira de exaltación do grelo que conta con Indicación Xeográfica Protexida de Grelos de Galicia (IXP) e se celebrou no Recinto Feiral de Gontán, e na que este ano se esgotaron as existencias. Os socialistas da provincia apoian a nova edición desta feira, que, sinalan, “pon en valor un produto autóctono e singular da comarca da Terra Chá, e contribúe a promocionar a rica gastronomía da zona e do conxunto da provincia, ademais de reivindicar o traballo das familias e singularmente das mulleres que cada ano sacan adiante e traballan este produto típico da cociña tradicional galega”.

Exit mobile version