Site icon Crónica3.com A Mariña

Pablo Vizoso, candidato do BNG á alcaldía de Ribadeo, será presentado este sábado nunha cea no restaurante Voar, coa presenza da voceira nacional, Ana Pontón

Ribadeo, 10 de febreiro, 2023. Pablo Vizoso Galdo é o candidato do BNG á alcaldía de Ribadeo, e, como tal, será presentado nunha cea aberta a todas as persoas interesadas o sábado 11 deste mes de febreiro.

Será no restaurante Voar, e as tarxetas para a cea poden ser retiradas no bar Cantón ou no propio restaurante.

Pablo Vizoso toma o relevo ao que foi e é o alcalde Fernando Suárez coa idea de conformar un novo equipo de goberno con un novo proxecto para defender Ribadeo, valorando e tendo en conta toda a experiencia acumulada para dar continuidade aos grandes avances e melloras conseguidas durante estes últimos anos.

Pablo Vizoso forma parte do actual equipo de goberno do concello de Ribadeo, polo que posúe experiencia, ademais dunhas carecterísticas persoais que farán del un grande alcalde.

Exit mobile version