Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pregunta polas causas da demora da plantación feita recentemente e dos prazos que se marca para a recuperación total do parque Pernas Peón

Viveiro, 3 de febreiro, 2023. Na primavera do ano 2018 o equipo de goberno do Concello tomou a decisión de realizar unha tala, por motivos de seguridade, de parte das arbores existentes no parque Pernas Peón, tala que podemos considerar necesaria, mais tamén excesiva, pouco planificada e de nulo rendemento económico para as arcas do Concello.

Despois de máis de catro anos de inactividade de replantación, foi anunciado un proxecto de recuperación do parque, orzamentado en mais de 1200000 euros, proxecto que ten tanto de ambicioso, como de difícil realización, agás que se acaden abondosos fondos externos.

Recentemente o Concello realiza a plantación de 14 arbores, e anuncia outras 4 para a primavera. Tendo en conta que a tala do ano 2018 foi de mais de 120 arbores, en Por Viveiro consideramos a recente actuación escasa e tardía.
Por todo o exposto, rogamos ao equipo de Goberno a explicación en pleno das causas da demora da plantación feita recentemente e dos prazos que se marca para a recuperación total do parque Pernas Peón para uso e desfrute dos veciños e veciñas.

Exit mobile version