Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo celebrou este xoves o Día de Rosalía

Ribadeo, 23 de febreiro de 2023. O Teatro acolleu na tarde de hoxe o acto organizado polo Concello para celebrar o Día de Rosalía.

A homenaxe deu comezo coa lectura de varios poemas da autora santiaguesa a cargo de membros da agrupación cultural Francisco Lanza. A continuación tivo lugar unha teatralización do poema A xustiza pola man, a cargo de María Novo e alumnado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. O acto rematou coa lectura do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega Cumpriuse a xustiza, de Carme Adán, ao que lle puxo voz outra alumna Cristina Saavedra do IES ribadense.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, agradeceu a asistencia do público a esta celebración para lembrar a figura de Rosalía de Castro, que se baseou nunha idea orixinal da Comisión de Igualdade e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros.

Aínda que estaba previsto que o acto se desenvolvese na rúa Rodríguez Murias, a carón dunha pintura de Rosalía, finalmente por mor da chuvia trasladouse ao Teatro.

Exit mobile version