Site icon Crónica3.com A Mariña

“Traballo do grupo municipal do BNG de Xove”, por Carlos Fernández Louzao

En marzo de 2023 fai 6 anos que dende o Grupo Municipal do BNG de Xove presentamos unha moción no concello para a consolidación da estructura de San Tirso. Pola prensa, estes días vemos que os traballos comezarán en breves, non era sen tempo.

Alegrámonos, como non podía ser doutro xeito, de que isto ocorra e que dende un tempo para acó, como xa tiñamos reclamado no BNG, se lle dea ao patrimonio histórico artístico, a importancia que ten no noso Concello.

Por outro lado, temos que queixarnos tamén de que no equipo de goberno do PP de Xove, teñan por costume deixar pasar un tempo dende as iniciativas presentadas polo BNG, para despois eles levalas a cabo e atribuirse todo o mérito, sen recoñer en ningun momento a labor feita polo noso grupo na oposición, e exemplos disto temos a pilas: a praia de mascotas, a adquisisción do Coto da Vela, os aseos públicos do parque, a área da baleeira de Morás… Pero non só iso, senón que ainda por riba teñen a cara de dicir que non aportamos nada nos Plenos.

No BNG somos xente seria e traballadora. Levamos moitos anos loitando para facer a vida máis levadeira ás persoas e seguiremos aí, a carón de todos vos, tanto se gobernamos coma se nos toca estar na oposición.

Exit mobile version