Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha forte sarabiada provoca unha saída de vía en Viveiro

Viveiro, 23 Febreiro, 2023. Os ocupantes do vehículo resultaron ilesos, e atopábanse no exterior á chegada dos servizos de emerxencias.

Instantes despois das 8:10 horas, un particular implicado chamou ao 112 Galicia para alertar de que se saíra da vía e acabara colidindo contra o noiro, no quilómetro 5 da LU-540, en Landrove (Viveiro). Malia que todas as persoas estaban ben, nos primeiros intres eran incapaces de abandonar o coche.

Entón, os xestores do 112 coordinaron a acción dos Bombeiros de Viveiro, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e Protección Civil do municipio e dos servizos de mantemento das estradas.

Unha vez no lugar do accidente, os Bombeiros comprobaron que os ocupantes do vehículo conseguiran saír polos seus propios medios. Pola súa banda, os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro explicaron ao 112 que no momento do accidente estaba sarabiar con gran intensidade.

Exit mobile version