Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acolle este domingo o peche do ciclo de concertos ‘Con voz de muller 8-M’, organizado pola Deputación

Viveiro, 28 de febreiro de 2023. O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acolle este domingo día 5, a partir das 19:00 horas, o concerto de Margarida Mariño. A actuación, totalmente gratuíta, servirá para pechar o ciclo de Concertos “Con Voz de Muller 8-M” que por segundo ano organiza a Deputación de Lugo.

A iniciativa pretende achegar aos concellos da provincia música en feminino con motivo do Día Internacional da Muller que se conmemora cada 8 de marzo. “Buscamos favorecer a visibilización e o empoderamento das mulleres a través da música”, subliñaba no acto de presentación deste ciclo a alcaldesa de Viveiro e Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro.

“Cremos que pode ser interesante que os nosos pequenos e pequenas veñan, porque a música é expresión, liberdade e emoción, e a música serve para conmover e remover conciencias”, engade a rexedora.

Margarida Mariño amosará en Viveiro a súa aposta pola renovación dos sons do violonchelo clásico con pedais de efectos, voces, loops e electrónica. Haberá agasallos para as persoas que asistan.

Exit mobile version