Site icon Crónica3.com A Mariña

“O goberno local gastou 5.000€ en 14 árbores na última reforestación”, alerta Por Viveiro

Viveiro, 16 de febreiro, 2023. No pasado Pleno ordinario de febreiro, a formación independente “Por Viveiro” presentou o seguinte rogo:

“Na primavera do ano 2018 o equipo de goberno do Concello tomou a decisión de realizar unha tala, por motivos de seguridade, de parte das arbores existentes no parque Pernas Peón, tala que podemos considerar necesaria, mais tamén excesiva, pouco planificada e de nulo rendemento económico para as arcas do Concello.

Despois de máis de catro anos de inactividade de replantación, foi anunciado un proxecto de recuperación do parque, orzamentado en mais de 1200000 euros, proxecto que ten tanto de ambicioso, como de difícil realización, agás que se acaden abondosos fondos externos.

Recentemente o Concello realiza a plantación de 14 arbores, e anuncia outras 4 para a primavera. Tendo en conta que a tala do ano 2018 foi de mais de 120 arbores, en Por Viveiro consideramos a recente actuación escasa e tardía.

Por todo o exposto, rogamos ao equipo de Goberno a explicación en pleno das causas da demora da plantación feita recentemente e dos prazos que se marca para a recuperación total do parque Pernas Peón para uso e desfrute dos veciños e veciñas”

A resposta socialista ao Rogo, foi que dos 30.000€ consignados para a actuación, logo da proposta de Por Viveiro nos orzamentos do ano 2021. Ao parque Pernas Peón adicáronse 14.000€ á redacción dun proxecto integral, cunha valoración das obras segundo o goberno municipal na cantidade de 1.200.000€, unha cantidade fora de lugar e desproporcionada para as necesidades do parque. E da restante cantidade indicaron, que se gastaron 5000€, en plantar 14 árbores, case 357€ por unidade, un verdadeiro despropósito. O resto da partida económica están pendente de invertir despois de 2 anos.

En palabras do Portavoz de Por Viveiro, Bernardo Fraga “Dende a tala descontrolada das árbores do parque, toda a actuación socialista neste ámbito é un verdadeiro desastre, e cantas máis explicacións pedimos no Pleno Municipal, máis se evidencia a falta de programación e de proxecto do PSOE para esta zona, e para Viveiro en xeral”

Exit mobile version