Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao acollerá este sábado, 1 de abril, ás 19 horas a presentación do libro de Ramón Nicolás titulado ‘Francisco Fernández del Riego, vida e obra dun obreiro do galeguismo’

Ademais proxectarase o audiovisual Don Paco volve a Lourenzá, de Arraianos Producións. Este acto, incluído na programación para celebrar as Letras Galegas 2023 dedicadas a Fernández del Riego, está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá coa colaboración da Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

Exit mobile version