Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concelleira de Cultura de Foz afea ao voceiro do PP que “se dedica a acusar ser argumentacións sobre asuntos que non son de competencia municipal”

Foz, 10 de marzo de 2023. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, afea a actitude do portavoz local do Partido Popular, que “se dedica a acusar de forma indiscriminada e sen argumentación algunha sobre temas que non son de competencia municipal.” En canto á suposta desaparición da batucada, Inés López Couto indica que “o que pasa nunha asociación é decisión da mesma”.

Inés López explica que “estas entidades non funcionan porque lles mande ningún Concello, e non ten a administración nada que dicir ao respecto do seu funcionamento, porque se dependeran unicamente del estaríamos a falar doutro tipo de figura”. E engade que “é moi feo meter a outras asociacións nas leas que pretende montar, sen ningunha clase de argumento e non aportando nada”.

O Concello de Foz “descoñece de forma directa se esa asociación desapareceu xa que no noso rexistro de asociacións segue de alta e non comunicou variación ningunha. Agradecemos o traballo que fixeron para este concello e damos as grazas polo esforzo dos membros que formaron parte da mesma”, manifesta a concelleira de Cultura.

López Couto remata comentando que “as actitudes do líder da oposición cada día mostran unha clara manía persecutoria contra o alcalde. Supoño que de ocorrencias tamén se vive”.

Exit mobile version