Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil investiga a un condutor de Cervo por condución temeraria e baixo os efectos das drogas

Na investigación procedeuse ao comiso cautelar do vehículo

Lugo, 13 de marzo, 2023. O pasado sábado a Garda Civil observou a un vehículo parado nun camiño de terra próximo á LU-1504 á altura do quilómetro 2.2, polo que procederon a achegarse, momento no cal o condutor do vehículo, ante a presenza policial reiniciou a marcha velozmente.

Dita actitude motivou que a patrulla actuante iniciase o seguimento do vehículo observando como o condutor e único ocupante, facía caso omiso aos sinais dos axentes, aumentaba perigosamente a velocidade, e efectuaba numerosas manobras perigosas, entre elas un “trompo” nunha zona con afluencia de viandantes e outros vehículos.

Posteriormente o vehículo circulou novamente por camiños de terra, sufrindo varias saídas de vía.

Solicitouse o apoio doutras patrullas, conseguindo finalmente localizar o vehículo e o seu condutor que ademais era o titular do mesmo.

O condutor presentaba signos externos evidentes de conducir baixo os efectos do alcol e/o as drogas, polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica, con resultado negativo, e ás probas de detección de drogas, con resultado indiciario positivo.

O condutor do vehículo, un home de 26 anos e veciño de Cervo, foi investigado pola suposta comisión dos delitos contra a seguridade viaria por condución temeraria e por condución baixo a influencia de drogas tóxicas.

Paralelamente, procedeuse ao comiso do vehículo, dado que a lexislación vixente permite a intervención dos vehículos utilizados na comisión de delitos contra a seguridade viaria, cando se observe multirreincidencia na comisión delitos tipificados nos artigos 379 e 384 (excesos de velocidade, condución baixo os efectos de alcol ou drogas e condución sen permiso de con perda de puntos ou privación xudicial do mesmo), e mesmo con carácter excepcional, como no presente caso, nos supostos da comisión dun único delito cando as taxas, influencia ou exceso sexa de extraordinaria gravidade e xeradoras dun intenso perigo. Así mesmo, esta medida, pode levar a cabo naqueles casos de condución manifestamente temeraria, como as carreiras ilegais.

Os vehículos comisados, se a Autoridade Xudicial así o determina, poden ser adxudicados á Administración do Estado, ou noutros casos, entregados nun centro autorizado de tratamento de vehículos para o achatarramiento dos mesmos.

A Garda Civil lembra que a condución dun vehículo de motor ou ciclomotor con temeridade manifesta e poñendo en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas está castigado no Código penal coas penas de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata seis anos.

No caso da condución baixo a influencia de drogas tóxicas ou alcol, as penas establecidas no Código penal son prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Doutra banda, esa mesma tarde á altura do quilómetro 1.800 da estrada LUP0801, termo municipal de Begonte (Lugo), produciuse un sinistro vial consistente en saída de vía por marxe dereita e posterior envorco dun turismo. Como consecuencia do mesmo afortunadamente producíronse unicamente danos materiais; aínda que sometido o seu condutor, un home de 69 anos e veciño da Pontenova, á proba de detección alcohólica, este lanzou unha taxas positivas que duplicaban a taxa máxima permitida, polo que se procedeu á súa investigación como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria.

Exit mobile version