Site icon Crónica3.com A Mariña

A “Línea Verde” do Concello de Xove soluciona o 95% das incidencias comunicadas

Xove, 22 de marzo, 2023. O Concello de Xove manifesta o éxito obtido no seu municipio despois da implantación de Línea Verde. Dende a posta en funcionamento do servizo, a participación cidadá experimentou un crecemento exponencial. Isto demostra unha eficaz resposta por parte do concello na resolución das incidencias comunicadas polos veciños.

A día de hoxe, o 95% das incidencias recibidas foron xa solucionadas, o outro 5% non está dentro das competencias do Concello, pertenecen a otras administracións. Os tipos de incidencias máis frecuentes son aquelas que fan referencia a “Beirarrúas e calzadas” (22%), seguido de “Alumeado público” (20%), “Parques e xardíns” (10%), “Lixo” (11%), “Puntos de Auga” (9%), “Sumidoiros” (5%), “Mobiliario Urbano” (5%), “Limpeza” (5%) e “Varios” (8%).

Grazas a implicación directa dos veciños, o concello puido levar a cabo rápidas actuacións.

Para poder utilizar este servizo é necesario proceder a descarga da APP Línea Verde. Para elo, o usuario accede a Google Play o APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/iOs). Unha vez localizada, lévase a cargo a descarga de forma gratuita. A partir dese momento, o usuario seleccione o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.

Para comunicar un desperfecto, é suficiente con pinchar sobre o botón “Nueva incidencia”. Un desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece na pantalla. O usuario selecciona aquelas sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o desperfecto. O seguinte paso é adxuntar unha foto da incidencia e observacións sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do desperfecto comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán a súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil, sempre que se produzca un cambio no estado da mesma.

Ao servizo Línea Verde tamén se pode acceder a través do dominio www.lineaverdexove.es. Tamén ofrece os seus servizos a través de contacto telefónico no número 902 193 768 no horario de 8:00h a 17:00h (coste da chamada 0.07€/min.)

O Concello manifesta estar moi satisfeito cos resultados obtidos e anima aos veciños do municipio a seguir utilizando este canal directo de comunicación.

Exit mobile version