Site icon Crónica3.com A Mariña

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou este venres no Teatro Pastor Díaz de Viveiro no acto de celebración do centenario do Viveiro Club de Fútbol

Isabel Rodríguez destacou “os 100 anos de fútbol, ilusión, paixón, compañeirismo e esforzo. Valores únicos que seguen moi vivos e que sempre inculcades na vosa canteira, fomentando unha educación futbolística e social aos vosos xogadores”. Durante a homenaxe, a subdelegada puxo en valor o traballo da entidade e desexoulle os maiores éxitos no futuro. No acto tamén participou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o Deputado Provincial, Roberto García; o presidente do club, Luis López del Río; así como xogadores, adestradores e persoal do equipo mariñán.

Exit mobile version