Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado de 3º de primaria do CEIP Vista Alegre, de Burela, realizou este venres tarefas de limpeza na praia do Perdouro

Burela, 17 de marzo de 2023. As monitoras de Gaia estiveron hoxe co alumnado de 3º de Primaria de Ceip Vista Alegre realizando unha limpeza da praia do Perdouro.

Desde Gaia explicaron que “cando chegamos explicámoslles a problemática que ocasiona o lixo no mar, sobre todo no tocante ao plástico. Incidimos no que supón para os pescadores, para os seres vivos que habitan no mar ou incluso para as persoas, qué consecuencias teñen a cantidade de plásticos e de microplásticos que acaban no mar e como podemos evitar que iso pase empregando menos envases deste material ou que sexa dun so uso”.

E engadiron: “tamén falamos da problemática das cabichas, que tamén é un dos elementos que máis aparecen nas nosas praias, así como o tempo que tardan en degradarse diversos materiais. E logo fixemos unha limpeza da praia do Perdouro, metemos todo o lixo en sacos de rafia e logo a empresa de limpeza virá recollelos”.

Exit mobile version