Site icon Crónica3.com A Mariña

As gravacións dos plenos volven suscitar polémica en Viveiro

Viveiro, 9 de marzo, 2023. “María Loureiro leva 4 anos sendo incapaz de mellorar as gravacións dos plenos, ou é inoperancia ou é ocultació” denuncia Míriam Bermúdez. A concelleira do BNG afirma que “non queren mellorar as gravacións para que a xente non se alarme dos posicionamentos deste PSOE tan rancio. O que menos lles interesa é que a veciñanza se manteña informada dos asuntos que se tratan no pleno. É unha falta gravísima á democracia”.

É normal que non queiran que se lles vexa a falta de compromiso que teñen coa veciñanza, xunto coa falta de civismo, pois foron varias as ocasións nas que o BNG tivo que exixir “respecto e saber estar”. Mesmo pasou neste último pleno, onde se escoitaron ameazas do tipo “atente ás consecuencias” que lle propiciou María Loureiro a Míriam Bermúdez por exixir escoitar o pleno, “tan grave é que se lles escoite?” pregunta Míriam.

De cara o público todo son boas caras e promesas, máis á hora da verdade e nos plenos, o que ocorre é que o PSOE de Viveiro votou en contra de iniciativas tan demandadas como cando votaron:

-En contra dun Plan de accesibilidade.
-En contra dun Plan para a mellora das estradas municipais.
-En contra da modernización da páxina web do Concello.
-En contra de habilitar aseos públicos e abrir os existentes.
-En contra de subsanar os problemas do paseo fluvial do Landro.
-En contra de colocar paneis led informativos.
-En contra dun pago de impostos personalizado e con reducción.
-En contra de subvencións por concorrencia competitiva e bases transparentes.
-En contra de habilitar zonas para cans.
-En contra de fomentar o uso da bicicleta e comezar construir carrís-bici.
-En contra da sinalización de rutas de sendeirismo.
E un longo etcétera de propostas estudadas e ben presentadas polo BNG que foron rexeitadas polo goberno do PSOE.

Desde o BNG demandamos o que a veciñanza nos traslada e esta é unha das máis demandadas para poder saber a realidade do que ocorre na política municipal porque lles afecta directamente. Poder ver un pleno cunha calidade de imaxe e son entendible, é garantir acceso á información, é democracia.

Exit mobile version