Site icon Crónica3.com A Mariña

Asociacións e colectivos da comarca animan á participación na manifestación do 8M en Ribadeo

A Mariña, 6 de marzo, 2023. O 8 de marzo inundaremos as rúas de Ribadeo de feminismo porque é imprescindible e urxente. Non permitiremos que a desigualdade siga sendo a música de fondo nas nosas vidas. É por iso que, entre moitas outras, estas serán as nosas reivindicacións principais este 8M:

– Vidas libres de violencias machistas, estamos fartas da cultura da violación que nos
carga de culpa e da masculinidade heteronormativa que nos agrede e asasina.
– Dereitos sexuais e reprodutivos garantidos e un sistema de saúde con perspectiva de
xénero e sen violencia obstetrica.
– Valoración social do noso ciclo de vida, desde a infancia ata a vellez.
– Dereitos para maternar con dignidade, ampliación e universalización dos permisos de
nacemento.
– Vidas con autonomía económica, empregos, salarios e pensións equitativas e xustas.
– Vidas plenas, onde a diversidade dos corpos estea por riba das ditaduras estéticas.
– Vidas completas, onde a corresponsabilidade integral e real nos coidados sexa piar no
desenvolvemento económico e social.
– Programas de coeducación, de acompanamento emocional e de desenvolvemento
afectivo-sexual en todas as etapas educativas.
– Vilas e cidades inclusivas e sen barreiras desde unha perspectiva integral, que
incorporen as necesidades do ámbito social, dos coidados así como de persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade.
– Un sistema xudicial que basee a súa actuación nos principios de seguridade e
protección e no que a formacion en xénero se incorpore de forma obrigada para garantir a
correcta interpretación e aplicación da xustiza.

Alentamos a todas as mulleres a acudir a manifestación para encher as rúas de Ribadeo de reivindicacións feministas así mesmo, pedimos que se respecte o espazo non mixto de
mulleres na cabeceira da manifestación xa que os homes que queiran apoiar a causa deben
facelo desde un lugar secundario, nunca como protagonistas.

Exit mobile version