En dita zona, na que xa está instalada unha pista multideporte e unha zona de compostaxe comunitaria, realizaranse nesta fase as labores para dotar a zona de alumeado, de beirarrúas e elementos de seguridade viaria para os peóns, especialmente nos accesos ao centro escolar. Ademais, inclúese a colocación de mobiliario coma bancos e mesas, aparcabicis e papeleiras.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “esta segunda intervención que se realiza nese espazo é o paso previo para a colocación dos xogos que rematen por converte a zona que ata hai tres anos era residual, nun espazo integrado no entorno e ao servizo de nenas, nenos e mocidade dunha idade máis avanzada que aos que se dirixe o parque existente na praza das vivendas sociais”.
Ermida avanza que están traballando xa nun novo convenio coa área de mocidade da Deputación para poder realizar esa última fase e deste xeito finalizar as actuacións nese espazo que “dotará de vida e sentido a unha zona como é a das vivendas sociais e o centro escolar, en pleno centro de San Cosme, que ata hai tres anos era unha silveira deixada a bravo”.
Adxudicada tras dúas licitacións desertas
Esta obra foi finalmente adxudicada tras a solicitude de tres ofertas ás empresas José Saa, SL; Blanco Villar e Otelec, por ter sido licitada en dúas ocasións sen que foran recibidas propostas ao respecto. Tal e como establece a normativa en materia de contratación, cando unha licitación queda deserta é posible acudir á vía do procedemento negociado sen publicidade. En base ao informado polo persoal xurídico, solicitáronse tres ofertas, das que se recibiron dúas; resultando adxudicataria a empresa Otelec Costa Norte, SL por un importe de 59.300,16 € (mais IVE), é dicir, un total de 71.753,19 €.