Site icon Crónica3.com A Mariña

“Chegou a fusión”, por María José Fernández Díaz

É interesante que todos os veciños coñezan a “boa nova”: CHEGOU A FUSIÓN, e a maioría de nós sen darnos conta. Grazas que as autoridades municipais do Valadouro, que están sempre á última en normativa, se deron conta en forma e tempo e xa están a acatar as resolucións do concello veciño como válidas no noso, polo que puidemos deducir das explicacións que nos deu o excelentísimo alcalde, D. Edmundo Maseda, cando se lle preguntou sobre os permiso ou licencias dunha obra que se está a realizar un parente seu en Moucide e que causa malestar e protestas. De feito eu entereime porque outros propietarios interesados en pechar as súas fincas, desa e doutras parroquias, me chamaron explicando que cando preguntaran se lles impoñía un retranqueo que neste caso concreto non se levaba a cabo e non entendían a razón.

A resposta de alcaldía no Pleno Ordinario foi, por definila de algunha maneira, sorprendente. Explicounos que este era un caso moi particular porque a empresa encargada da obra “equivocouse” e solicitou os permisos en Alfoz. Que tiñan licenza dese concello e que por iso non se podía facer nada a pesar das protestas, das que dixeron dende equipo de goberno que xa eran coñecedores.

Tan sorprendente como esta resposta das nosas autoridades ou máis se cabe é que, polo que se deduce das explicacións dadas, no concello veciño nin o aparellador, nin secretaría, nin o propio alcalde, cando concederon a licenza se percataron de que a finca estaba fora do súa competencia e o que xa roza o absurdo é que se asuma a existencia dese papel ( que nós non vimos e que asumimos que pode ser un erro administrativo porque todos somos humanos) como razón suficiente para non escoitar as queixas recibidas.

Está claro que todos isto só ten sentido se a FUSION xa é unha realidade e dedúcese que a partir de agora poderemos facer os nosos trámites nas oficinas municipais que máis cómodas nos veñan en cada ocasión… todas son vantaxes.

¡¡¡¡¡ VIVA A FUSIÓN !!!!!!
P.D.: Dende os independentes só queremos que todos os veciños sexan tratados por igual e que a nivel municipal se facilite e axilice o máximo posible a obtención de licenzas porque o Concello é o órgano gobernamental máis próximo ó cidadán e debería axudar a que as iniciativas da veciñanza se leven a cabo.

¡¡¡¡¡ VIVA

María José Fernández Díaz
Representante de UDIVAL
Independientes do Valadouro

Exit mobile version